ASTURFORESTA 2019 TINEO

XII Edición da única Feira Forestal internacional de España e de Asturias

É un lugar de encontro dos profesionais do sector da madeira e da industria forestal, ao que acuden empresas de toda a Península Ibérica e do resto de países da Unión Europea.

Trátase dunha feira en “Condicións de Traballo Reais”, é dicir, as maquinarias e servizos forestais vense no seu medio habitual e realizan as súas funcións habituais, permitindo a todo o que vaia a valorar, probar e comprobar todas as opcións.

Dende a asociación decidimos visitar esta feira xa que é unha maneira de coñecer as necesidades forestais do futuro, estar en contacto coa industria e cos fabricantes de maquinaria, e sempre está ben aprender cousas novas e estar ao día neste sector.

Deixamos unha mostra gráfica do que foi a nosa visita a Asturforesta.

      

0 comentarios

Dejar un comentario

¿Quieres unirte a la conversación?
Siéntete libre de contribuir

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *