Fomento Forestal

Asociación de productores da madeira

ServizosAsóciate

Coidamos o teu monte.

Fomento Forestal é unha asociación sen ánimo de lucro nacida no 2007 en Monfero (A Coruña) para a defensa e fomento da silvicultura, dedicada a todo o relacionado co eucalipto, dada a extensión desta especie e a importancia económica adquirida no sector galego da madeira. Conta con maís de 700 socios, entre os que inclúen comunidades de montes, o seu ámbito de actuación é autonómico, ainda que exerce unha maior influencia na provincia da Coruña e no norte de Lugo.

A unión dos propietarios, a mellor solución.

Asociación sen ánimo de lucro.

Apoiamos a promoción de sistemas de comercialización mais claros ca tradicional “venda o bulto”, na que o vendedor descoñece a cantidade e calidade do que pon no mercado. Revalorizamos e coidamos o monte.

¿Cales son os nosos servizos?

Estudos.

Estudos de rentabilidade do monte.

Xestión

Consecución dos certificados e selos FSC e PEFC.

Medición de montes

Utilizamos a maís novedosa tecnoloxía para facer medicións de montes, e utilizamos a técnica maís apropiada para cada situación.

Adquisición

Adquisición de pranta e de abono a menor prezo, para a repoboación forestal polo asociado.

Coordinación

Coordinación de talas e creación de cotos redondos.

Solicitudes

Xestión integral de solucións, permisos e autorizacións.

Porque ser socio…

A union é a mellor solución para todos.

Buscamos aumenta-la productividade, lexos do minifundismo dos nosos montes, negociamos con grandes multinacionais do sector madereiro para que as pequenas propiedades sexan rentables.

Xestionamos a madeira integral do monte, aportando información, asistencia técnica e asesoramento en materia forestal.

Póñase en contacto:

O envío deste formulario non presenta compromiso nin obriga a nada, únicamente demostra o seu interese pola nosa asociación.

Unha vez recibidos os seus datos poñerémonos en contacto con vostede o antes posible para formalizar e compreta-la inscrición definitiva.