Benvida do presidente:

Estimados socios, desexamos agradecer o interés mostrado pola asociación. Dende Fomento Forestal estamos a traballar para conseguir os mellores prezos e ventaxes posibles para os nosos socios.

Somos conscientes de que a unión é o noso principal valor competitivo, ó unirnos podemos abarata-lo prezo do  aproveitamento do monte, podemos incrementa-lo prezo da tonelada da madeira para fábrica e tamén facilita-la loxística e o  transporte da madeira. Mellorando o prezo da madeira do socio por tonelada.

O ser unha asociación sen afán lucrativo, necesitámola colaboración activa de todos, e apostamos por unha transparencia total no prezo e nos nosos acordos.

En Fomento Forestal creemos que podemos poñer en valor nosos terreos e conseguir unha convivencia entre a explotación industrial, a reserva medioambiental e a conservación do patrimonio.