Porqué asociarse…
Os recursos forestais son unha fonte de riqueza sostible importante para as zoas rurais sendo Galiza, polas suas características naturais, unha comunidade cun tremendo potencial para elo. Nembargantes, a realidade é ben distinta e as rendas que na actualidade perciben os propietarios dos montes son moi baixas e en ocasións inexistentes.

A orixe desta baixa productividade basease no  minifundismo dos nosos montes. Abundan en exceso as pequenas propiedades que, polas suas reducidas dimensións, non permiten rentabilizalas inversións.

Hoxe en día o custo pola hectárea tanto de aproveitamento, coma plantación de maquinaria forestal resulta moi elevado, polo que fanse poucas plantacións, non se invirte en infraestructuras, nin en defensa contra incendios, … por non falar das ordenacións de montes, certificacións forestais, etc. Polas mismas razóns os productos do monte, principalmente a madeira, páganse a moi baixo prezo xa que implica un desprazamento de maquinaria importante para un escaso volume. Ademais, a ausencia de tratamentos selvícolas disminue drásticamente a calidade do producto, ademais de incrementar o risco de incendios.

A UNIÓN DOS PROPIETARIOS COMO SOLUCIÓN
Fomento Forestal nace ca intención de solucionar este problema e facer do monte un sector rentable e económicamente interesante para tódolos propietarios.

Trátase de agrupar baixo unha mesma asociación os propietarios dos montes, xuntas veciñais, e parroquiais rurais, ou agrupacións de diversa índole, independentemente da cantidade de terreo que aporte cada un, e de si éste está arborado ou non.

Formulario de Pre-inscrición

A través deste formulario poderá facernos chega-los datos necesarios para inscribirse na asociación.

O cumprimento e envío deste formulario non lle compromete nin obriga a nada, únicamente demostra o seu interese pola nosa asociación.

Unha vez recibidos os seus datos poñerémonos en contacto con vostede o antes posible para formaliza-la inscrición definitiva.

Contacto dende a web.

1 + 3 = ?